A 207 metros de altura, e xunto á capela románica do mesmo nome, este lugar é perfecto para observar unhas impresionantes panorámicas da Curota, Corrubedo, Ribeira, a desembocadura do río Ulla, O Grove ou as illas de Sálvora, Ons e Cíes, chegando a vista á Guarda e Santa Tegra cara ao sur e a Fisterra cara ao norte.
Próximo a este enclave podemos pasear tamén polo conxunto de mámoas do monte de Santo Alberte. Este miradoiro é o máis occidental da península do Barbanza.